EspañolEnglishEuskeraCatalà
  • Lugo

  • In-person

  • Cursos de centros

  • September, 25th 2022

In-person
September, 25th 2022

XV limpeza simultánea de ríos. Proxecto Ríos.

Print PDF

Móllate polos ríos.

ADEGA Lugo, Coidemos Lugo e a UNED únense un ano máis e despois do éxito das xornadas de limpeza simultánea destes anos pasados, estamos a preparar a XV limpeza simultánea que será o domingo 25 de setembro de 2022.

Grazas á colaboración de 64 entidades, o pasado ano estimamos que se retiraron máis 16 Tn. de lixo de orixe diverso e participaron un total de 891 voluntarias/os de 49 concellos en toda Galicia.

O máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.

 

Este ano queremos contar coa vosa axuda para levar a cabo a XIV xornada de limpeza simultánea en ríos. Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos editará os materiais divulgativos para o desenvolvemento da actividade e outros materiais. 

Dates and places
September, 25th 2022
11:00 to 13:00 h.

Lugar:

Centro Asociado UNED Lugo


Hours
Teaching hours: 2
In-person
This activity is developed in presence.
Program
  • Sunday, September, 25th 2022
    • 11:00-13:00 h. Recollida de lixo na zona de río Miño próximo á UNED de Lugo.
    Enrollment

    Para o día da limpeza lembrar que os materias precisos ou recomendables son:
    -Luvas. Se o voluntariado pode traer luvas de fregar da casa, mellor, xa que as de vinilo ou látex rompen con facilidade e estamos xerando máis residuos. Recomendamos facelo, e así non se comparte material.
    -Pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo).
    -Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).
    -Bolsas grandes ou sacos para recoller o lixo. Tamén se poden levar capachos/esportas para transportar o lixo e tamén estamos a reducir os residuos xenerados.
    Algún deste material pódeselle pedir ao concello.
    Para o desenvolvemento da xornada é preciso contar con algunhas medidas de seguridade elementais para non mancarse ao retirar o lixo.

    Outras medidas de seguridade poden ser:
    -Non arriscar a integridade física por coller lixo en zonas perigosas ou pouco accesibles.
    -Ao levantar pesos facelo sempre dobrando os xeonllos. Pedir axuda a outros/as compañeiros/as para recoller cousas pesadas.
    -Se hai cristais, vidro, ferralla, ou outro material cortante retiralo con precaución se é posible.
    -Aplicar o sentido común. Sempre se pode chamar ao concello para que retire o lixo máis problemático.
    -Se no grupo van crianzas ter boa conta delas e que non fiquen soas.
    -Non traballar de costas ao río sobre todo se estamos arrincando algo que está soterrado xa que podemos caer ao cauce.
    -Ter coidado coas zonas de corrente forte e profundas.

      Ordinary enrollment
    FeeFree
    Other cycle activities
    This activity belongs to the cycle Uned Lugo NaturalMente, formed by the following activities:

    Aimed at
    Calquera persoa interesada en colaborar e concienciarse sobre a importancia de manter limpos os nosos ríos
    Goals
    Concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.
    Methodology
    Recollida de lixo na zona de río Miño próximo á UNED de Lugo

    Para o día da limpeza lembrar que os materias precisos ou recomendables son:
    -Luvas. Se o voluntariado pode traer luvas de fregar da casa, mellor, xa que as de vinilo ou látex rompen con facilidade e estamos xerando máis residuos. Recomendamos facelo, e así non se comparte material.
    -Pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo).
    -Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).
    -Bolsas grandes ou sacos para recoller o lixo. Tamén se poden levar capachos/esportas para transportar o lixo e tamén estamos a reducir os residuos xenerados.
    Algún deste material pódeselle pedir ao concello.
    Para o desenvolvemento da xornada é preciso contar con algunhas medidas de seguridade elementais para non mancarse ao retirar o lixo.

    Outras medidas de seguridade poden ser:
    -Non arriscar a integridade física por coller lixo en zonas perigosas ou pouco accesibles.
    -Ao levantar pesos facelo sempre dobrando os xeonllos. Pedir axuda a outros/as compañeiros/as para recoller cousas pesadas.
    -Se hai cristais, vidro, ferralla, ou outro material cortante retiralo con precaución se é posible.
    -Aplicar o sentido común. Sempre se pode chamar ao concello para que retire o lixo máis problemático.
    -Se no grupo van crianzas ter boa conta delas e que non fiquen soas.
    -Non traballar de costas ao río sobre todo se estamos arrincando algo que está soterrado xa que podemos caer ao cauce.
    -Ter coidado coas zonas de corrente forte e profundas.
    Collaborates

    Organizers

    UNED LUGO
    ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
    Coidemos Lugo
    Proxecto Ríos

    Acreditado por

    UNED Lugo NaturalMente
    Objetivos de Desarrollo Sostenible

    Esta actividad impacta en los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible:

    More
    UNED Lugo
    Tolda de Castela Nº4B
    27169 Lugo Lugo
    982.28.02.02 / info@lugo.uned.es
    Images from the activity