EspañolEnglishEuskeraCatalà

Cursos y actividades

24 de septiembre de 2023

XVI Limpeza Simultánea de Ríos. Proxecto Ríos.

  • Lugo

  • Presencial

  • Cursos de centros

  • 24 de septiembre de 2023

Presencial
24 de septiembre de 2023

XVI Limpeza Simultánea de Ríos. Proxecto Ríos.

Imprimir PDF

Móllate polos ríos.

Despois do éxito das xornadas de limpeza simultánea organizadas ao longo dos anos, este 2023 ADEGA Lugo, Coidemos Lugo e a UNED únense de novo para levar a cabo a XVI Limpeza Simultánea de Ríos.  Trátase dunha actividade de voluntariado ambiental que terá lugar o domingo 24 de setembro na zona do río Miño situada ao carón da UNED. Durante a xornada, dunha duración aproximada de 3 horas, limparemos os residuos atopados na zona contribuíndo á súa conservación.

Grazas á colaboración de 63 entidades, o pasado ano estimamos que se retiraron máis de 8 Tn. de lixo de orixe diverso e participaron un total de  955 voluntarias/os de 41 concellos en toda Galicia. 

O máis importante é que, ano tras ano, conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.

 

O punto de encontro para a realización da actividade será na entrada da UNED de Lugo. O aparcadoiro do centro estará aberto para aquelas persoas que precisen deixar o seu coche. Do mesmo xeito que nos anos anteriores, o Proxecto Ríos editará os materiais divulgativos para o desenvolvemento da actividade e outros materiais. 

Lugar y fechas
24 de septiembre de 2023
De 11:00 a 14:00 h.

Lugar:

Centro Asociado UNED Lugo


Horas
Horas lectivas: 3
Presencial
Esta actividad se desarrolla presencialmente.
Programa
  • domingo, 24 de septiembre
    • 11:00-14:00 h. Recollida de lixo na zona de río Miño próximo á UNED de Lugo.
    Inscripción

    Para o día da limpeza lembrar que os materias precisos ou recomendables son:
    -Luvas. Se o voluntariado pode traer luvas de fregar da casa, mellor, xa que as de vinilo ou látex rompen con facilidade e estamos xerando máis residuos. Recomendamos facelo, e así non se comparte material.
    -Pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo).
    -Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).
    -Bolsas grandes ou sacos para recoller o lixo. Tamén se poden levar capachos/esportas para transportar o lixo e tamén estamos a reducir os residuos xenerados.
    Algún deste material pódeselle pedir ao concello.
    Para o desenvolvemento da xornada é preciso contar con algunhas medidas de seguridade elementais para non mancarse ao retirar o lixo.

    Outras medidas de seguridade poden ser:
    -Non arriscar a integridade física por coller lixo en zonas perigosas ou pouco accesibles.
    -Ao levantar pesos facelo sempre dobrando os xeonllos. Pedir axuda a outros/as compañeiros/as para recoller cousas pesadas.
    -Se hai cristais, vidro, ferralla, ou outro material cortante retiralo con precaución se é posible.
    -Aplicar o sentido común. Sempre se pode chamar ao concello para que retire o lixo máis problemático.
    -Se no grupo van crianzas ter boa conta delas e que non fiquen soas.
    -Non traballar de costas ao río sobre todo se estamos arrincando algo que está soterrado xa que podemos caer ao cauce.
    -Ter coidado coas zonas de corrente forte e profundas.

      Matrícula Ordinaria
    PrecioGratuita
    Otras actividades del ciclo
    Esta actividad pertenece al ciclo Uned Lugo NaturalMente, formado por las siguientes actividades:

    Dirigido a
    Toda persoa interesada en colaborar e concienciarse sobre a importancia de manter limpos os nosos ríos.
    Objetivos
    Concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.
    Metodología
    Recollida de lixo na zona de río Miño próximo á UNED de Lugo

    Para o día da limpeza lembrar que os materias precisos ou recomendables son:
    -Luvas. Se o voluntariado pode traer luvas de fregar da casa, mellor, xa que as de vinilo ou látex rompen con facilidade e estamos xerando máis residuos. Recomendamos facelo, e así non se comparte material.
    -Pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo).
    -Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).
    -Bolsas grandes ou sacos para recoller o lixo. Tamén se poden levar capachos/esportas para transportar o lixo e tamén estamos a reducir os residuos xenerados.
    Algún deste material pódeselle pedir ao concello.
    Para o desenvolvemento da xornada é preciso contar con algunhas medidas de seguridade elementais para non mancarse ao retirar o lixo.

    Outras medidas de seguridade poden ser:
    -Non arriscar a integridade física por coller lixo en zonas perigosas ou pouco accesibles.
    -Ao levantar pesos facelo sempre dobrando os xeonllos. Pedir axuda a outros/as compañeiros/as para recoller cousas pesadas.
    -Se hai cristais, vidro, ferralla, ou outro material cortante retiralo con precaución se é posible.
    -Aplicar o sentido común. Sempre se pode chamar ao concello para que retire o lixo máis problemático.
    -Se no grupo van crianzas ter boa conta delas e que non fiquen soas.
    -Non traballar de costas ao río sobre todo se estamos arrincando algo que está soterrado xa que podemos caer ao cauce.
    -Ter coidado coas zonas de corrente forte e profundas.
    Colaboradores

    Organiza

    UNED LUGO
    ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
    Coidemos Lugo
    Proxecto Ríos

    Acreditado por

    UNED Lugo NaturalMente
    Objetivos de Desarrollo Sostenible

    Esta actividad impacta en los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible:

    Más información
    UNED Lugo
    Tolda de Castela Nº4B
    27169 Lugo Lugo
    982.28.02.02 / info@lugo.uned.es
    Imágenes de la actividad
    Saltar al contenido
    • Facebook

    • Twitter

    • UNED