Presencial
Actividade de recuperación ambiental na Area da Cruz (O Grove)
Limpeza de lixo mariño en areais e retirada de flora exótica invasora
A UNED Pontevedra organiza unha xornada de voluntariado ambiental na Area da Cruz (O Grove), coa finalidade de contribuír á conservación do ecosistema costeiro mediante a retirada de lixo mariño e a eliminación de especies de flora exótica invasora que afectan á biodiversidade local.
Esta actividade enmárcase dentro do compromiso institucional da UNED coa sustentabilidade, a educación ambiental e o fomento do voluntariado senior, favorecendo a participación activa da comunidade universitaria en accións de mellora e coidado do medio natural.
- Lugar y fechas
- 10 de diciembre de 2025
De 10:00 a 13:30 h.
Lugar: UNED Pontevedra
- Presencial
- Esta actividad se desarrolla presencialmente.
- Programa
- miércoles, 10 de diciembre
- 10:00-13:30 h. 10:00 h · Chegada á Area da Cruz (O Grove)
10:00 h – 10:30 h · Presentación da actividade, normas básicas de seguridade, organización en grupos e reparto de material
10:30 h – 12:30 h · Traballo de campo
Retirada de flora exótica invasora
Limpeza e recollida de lixo mariño en areais
12:30 h · Pesado e clasificación do lixo mariño e das especies exóticas recollidas
13:00 h · Pequeno avituallamento
13:30 h · Fin da actividade e regreso
Material necesario
Luvas, sacos, útiles de retirada e clasificación (aportados pola organización)
Roupa cómoda e adecuada ao clima
Protección solar ou impermeable, segundo previsión meteorolóxica
- Inscripción
| | Matrícula Ordinaria |
|---|
| Precio | Gratuita |
|---|
- Coordinado por
- Rafael Cotelo Pazos
- Coordinador de Extensión Universitaria y Actividades Culturales de la UNED en Pontevedra.
- Dirigido a
- Preferentemente (voluntariado) membros da comunidade universitaria.
- Objetivos
- Contribuír á recuperación e conservación dos ecosistemas litorais do Grove.
Sensibilizar sobre o impacto do lixo mariño e das especies invasoras na biodiversidade.
Promover hábitos de voluntariado ambiental, participación cidadá e responsabilidade ecolóxica.
Fomentar a convivencia, o traballo en equipo e o envellecemento activo a través da acción comunitaria.
Visibilizar o papel do voluntariado senior da UNED Pontevedra como axente social de cambio. - Metodología
- Presencial
- Sistema de evaluación
- As persoas participantes recibirán certificado de participación emitido pola UNED Pontevedra.
- Colaboradores
Colabora
Equilátero Desenvolvemento Sostible Consultores
- Objetivos de Desarrollo Sostenible
Esta actividad impacta en los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible:






- Más información
- Centro Asociado UNED Pontevedra
Rúa de Portugal 1
36162 Pontevedra Pontevedra
986851850 / negociadodealumnos@pontevedra.uned.es - Imágenes de la actividad
