EspañolEnglishEuskeraCatalàGallego
  • Lugo

  • Presencial

  • Cursos de centros

  • 29 de septiembre do 2024

Presencial
29 de septiembre do 2024

XVII Limpeza Simultánea de Ríos. Móllate polos ríos

Imprimir PDF

Despois do éxito das xornadas de limpeza simultánea organizadas ao longo dos anos, este 2024 ADEGA Lugo, Coidemos Lugo e a UNED únense de novo para levar a cabo a XVII Limpeza Simultánea de Ríos.  Trátase dunha actividade de voluntariado ambiental que terá lugar o domingo 29 de setembro na zona do río Miño situada ao carón da UNED. Durante a xornada, dunha duración aproximada de 3 horas, limparemos os residuos atopados na zona contribuíndo á súa conservación.

Grazas á colaboración de 70 entidades, o pasado ano estimamos que se retiraron máis de 6 Tn. de lixo de orixe diverso. O máis importante é que, ano tras ano, conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.

punto de encontro para a realización da actividade será na entrada da UNED de Lugo. O aparcadoiro do centro estará aberto para aquelas persoas que precisen deixar o seu coche. 

Lugar e datas
29 de septiembre do 2024
De 11:00 a 14:00 h. (ó ás xxxh)


Presencial
Esta actividade desenvólvese presencialmente.
Inscrición
  Ordinaria
PrezoGratuíta
Metodoloxía
Para o día da limpeza lembrar que os materias precisos ou recomendables son:
-Luvas. Se o voluntariado pode traer luvas de fregar da casa, mellor, xa que as de vinilo ou látex rompen con facilidade e estamos xerando máis residuos. Recomendamos facelo, e así non se comparte material.
-Pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo).
-Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).
-Bolsas grandes ou sacos para recoller o lixo. Tamén se poden levar capachos/esportas para transportar o lixo e tamén estamos a reducir os residuos xenerados.

Outras medidas de seguridade poden ser:
-Non arriscar a integridade física por coller lixo en zonas perigosas ou pouco accesibles.
-Ao levantar pesos facelo sempre dobrando os xeonllos. Pedir axuda a outros/as compañeiros/as para recoller cousas pesadas.
-Se hai cristais, vidro, ferralla, ou outro material cortante retiralo con precaución se é posible.
-Aplicar o sentido común. Sempre se pode chamar ao concello para que retire o lixo máis problemático.
-Se no grupo van crianzas ter boa conta delas e que non fiquen soas.
-Non traballar de costas ao río sobre todo se estamos arrincando algo que está soterrado xa que podemos caer ao cauce.
-Ter coidado coas zonas de corrente forte e profundas.
Máis información
UNED Lugo
Tolda de Castela 4B
27169 Lugo Lugo
982.28.02.02 / info@lugo.uned.es
Imaxes da actividade
Saltar al contenido
  • Facebook

  • Twitter

  • UNED