EspañolEnglishEuskeraCatalà
  • Aula Tui

  • In-person

  • Cursos de centros

  • from October, 2nd 2024 to December, 18th 2024

In-person
from October, 2nd 2024 to December, 18th 2024

Canto Práctico: Unha experiencia lúdica e musical

Print PDF

Neste obradoiro se abriran espazos lúdicos de experimentación musical a través do canto e movemento e poñendo énfase na práctica espontánea e  inmediata do canto, na libre expresión, a improvisación e a creación sen presións.

Como son clases experienciais, non haberá deberes ou exercicios para casa.

A práctica do canto, a respiración e o movemento serán  vehículos para a creación de benestar axudando a relaxarnos e a desafogarnos das tensións acumuladas no día a día ao tempo que desfrutamos da música. As actividades son sinxelas,frescas e accesibles a todas as persoas.

Dates and places
From October, 2nd 2024 to December, 18th 2024
19:00 to 21:00 h.

Lugar:

Aula UNED Tui


Hours
Teaching hours: 24
In-person
This activity is developed in presence.
Program
As sesións terán unha estrutura  fixa pero con actividades diferentes en cada sesión. Cada sesión se adaptará ás necesidades cambiantes do grupo.

Estrutura dunha sesión tipo de 2 horas:
1. Presentación dos contidos da sesión.
2. Exercicios de respiración.
3. Actividade (lúdica) de exploración corpo/voz no espazo externo e interno. As actividades poden ser individuais, de grupo ou en parellas.
4. Quecemento vocal e elementos de técnica de canto con vocalizacións ao piano e outros exercicios. Recordando que serán exercicios prácticos e que non haberá deberes nin probas finais.
5. Circle Songs (Cantos de Roda ou circulares). Son cantos grupais, na súa maioría sen letra, sinxelos e divertidos, mediante os que se explorará e se aprenderá na práctica diversos estilos da  música moderna (soul, pop, funk, blues, rock, latino…). Os circle Songs van cambiando ao longo do curso e irán adquirindo unha complexidade crecente, aínda que se manterán sempre sinxelos para que sigades desfrutando da actividade.
6. Canto solista, unha persoa do grupo, se o desexa,  pode compartir unha canción ou fragmento  significativo elixido por ela mesma. Este é un momento de oportunidade para mellorar a calidade técnica, artística e  expresiva individual e, asemade, integrar a  canción elixida na propia experiencia e na do grupo. En xeral, o canto individual supón unha grande aprendizaxe para todas as persoas, as que cantan como solistas  e as que escoitan. NON É OBLIGATORIO CANTAR COMO SOLISTA.
8. Conclusión e intercambio de impresións e experiencias.
9. Exercicios de respiración consciente e peche da sesión.
Aínda que se manteña esta estrutura fixa, as actividades irán variando para adaptarse aos gustos musicais e as necesidades das persoas participantes e, asemade, os cantos de Roda irán abandoando gradualmente os esquemas repetitivos que dan seguridade para ir abrindo espazos cada vez más amplos de improvisación e creación.

Contidos das actividades:
●   Arraigamento. O corpo portante: cadeiras, pes e pernas. O elemento terra: sustancia, estrutura, seguridade, estabilidade, firmeza, límites. O ritmo. O staccato. A voz de peito. Conquistar os graves e a forza interior. Asertividade.
●   O elemento auga. A fluidez. A curva. O legato. A unión. A comunicación. As relacións. A columna vertebral e a pelve. As voces curvas: os glissando e o passaggio do rexistro grave ao agudo.
●   O elemento aire. A lixeireza. A cabeza. O falsetto e a voz de cabeza. "Voar" aos agudos. A imaxinación. A delicadeza. Pianissimo.
●   A respiración profunda e a confianza. Soltar.
●   Os apoios da voz, o centro abdominal, o kiá, a asertividade e a forza.
●   O elemento lume. Os brazos e as mans. As paixóns. O crescendo. As dinámicas fortissimo pianissimo. A síncopa.
●   Os límites, a asertividade, o espazo e a voz propia. Staccato. Forte. Dicir NON.
●   A comunicación desde os meus límites. Inspiración expiración. O intercambio. O contacto. O peso. A resistencia. A loita. O xogo.
●   As creacións e improvisacións de grupo que enriquecen e apoderan individualmente.
●   As creacións e improvisacións individuais que enriquecen e apoderan ao grupo
●   As modalidades expresivas "horizontal", "vertical" e "trasversal" na voz, no corpo e na vida.
Enrollment

Tenga en cuenta que con los datos aportados en su solicitud de matrícula se confeccionan los certificados, asegúrese que son correctos y están completos.
Nombre, con mayúscula la primera letra y minúsculas el resto.
Apellidos, ambos e igual que en el caso anterior, con mayúscula la primera letra y minúsculas el resto. Y en ambos casos con las tildes correspondientes.
NIF. número y letra (mayúscula) ej. 12345678H
IMPORTANTE:
La devolución del importe de la matrícula se efectuará únicamente si se solicita con al menos 3 días hábiles de antelación al día de comienzo de la actividad, y siempre justificada por causas de enfermedad o incompatibilidad laboral sobrevenida, para lo que el alumno deberá presentar la documentación que así lo acredite.
Una vez comenzado el curso no se realizarán devoluciones.

Se podrá anular un curso sí concurren condiciones excepcionales relacionadas con aspectos docentes o de infraestructura económica y material que impidan su correcta celebración. En tal caso, el alumno tendrá un plazo de 6 meses desde la fecha de cancelación, para solicitar la devolución del importe de la matrícula.

El alumno menor de edad, deberá acompañar la matricula de una autorización que puede descargar en el siguiente enlace: http://www.unedpontevedra.com/11192

  Ordinary enrollment
Fee53 €
Coordinated by
Rafael Cotelo Pazos
Coordinador de Extensión Universitaria y Actividades Culturales  de la UNED en Pontevedra
Lecturer
Cristal Méndez Queizán
Profesora de Música, de Canto Moderno, Arte(s) terapeuta.
Aimed at
Todos os públicos e niveis. Non se precisa cantar ben, só gostar da música.
Goals
  • Explicar algúns recursos de técnica vocal de maneira práctica e sinxela.
  • Utilizar a voz e o movemento como vehículos ou recursos para a expresión e o benestar.
  • Crear un espazo seguro, lúdico e inclusivo no que todas as persoas se sintan a  gusto e integradas no grupo.
  • Fomentar o benestar emocional e físico das persoas participantes.
  • Fomentar a conexión coas propias emocións (autocoñecemento) 
  • Fomentar o benestar emocional e físico das persoas participantes.
  • Fomentar a conexión coas propias emocións (autocoñecemento)
  • Liberar a voz (emoción) silenciada que aprende a expresarse con alegría e liberdade (desbloqueo e comunicación).
  • Promover a descuberta dos recursos internos (autocoñecemento e autoestima)
  • Incentivar a asertividade)
Methodology
Presencial
Grading system
 Avaliación continua. Para recibir o certificado de aproveitamento  é preciso asistir ao 85% das horas lectivas.
+info:  Info@magadevoz.com
Objetivos de Desarrollo Sostenible

Esta actividad impacta en los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible:

More
UNED Pontevedra - Aula Universitaria de Tui
Rúa Antero Rubín s/n Antiguo Convento de Santo Domingo
36700 Tui Pontevedra
986605150 / negociadodealumnos@pontevedra.uned.es
Images from the activity
Saltar al contenido
  • Facebook

  • Twitter

  • UNED