Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente 2024, a UNED de Lugo organiza un Concurso Fotográfico para celebrar esta data tan importante no seu calendario. Este ano, baixo a lema “As nosas terras. O noso futuro”, as Nacións Unidas pon o foco na restauración de terras, a detención da desertificación e o fortalecemento da resiliencia fronte á seca.
A continuación, especifícanse as bases de participación no concurso fotográfico:
1. Participantes: Poden participar todas as persoas interesadas sendo un requisito ser maior de idade no momento de envío da fotografía.
2. Tema: Fotografía de temática ambiental (fauna, flora, hábitats, etc.) polo Día Mundial do Medio Ambiente na contorna da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”.
3. Requisitos: Cada participante poderá presentar unha proposta por persoa. As fotografías presentadas terán que ser orixinais e inéditas, que non resultasen premiadas noutros certames ou concursos.
4. Forma de envío: Facilitaranse dúas opcións de envío da fotografía.
4.1. Subir a fotografía ao seu perfil de Instagram
· Etiqueta á UNED de Lugo (@unedlugo).
· Engade os hashtags #GeneraciónRestauración e #LugoNaturalMente.
E envíaa ao correo electrónico lugonaturalmente@lugo.uned.es coa seguinte información
· Asunto: Concurso Fotográfico 2024.
· Corpo da mensaxe: Nome e apelidos e unha explicación da fotografía.
4.2. Para os participantes sen rede social, enviar a fotografía ao correo electrónico lugonaturalmente@lugo.uned.es coa seguinte información
· Asunto: Concurso Fotográfico 2024.
· Corpo da mensaxe: Nome e apelidos e unha explicación da fotografía.
5. Prazos: As fotografías poderán empezar a publicarse e enviarse ao correo electrónico especificado dende o día 5 de xuño até o día 17 de xuño de 2024 ás 23:59 horas.
6. Xurado: A composición do Xurado darase a coñecer ao facerse público a resolución do concurso.
7. Premio: Farase entrega de dous premios, 1er e 2o posto. As persoas galardoadas recibirán un Pack de agasallos relacionados coa fotografía. O fallo será inapelable e darase a coñecer a través do Instagram da UNED de Lugo e do correo electrónico desde o que se enviou a fotografía o día 18/06/2024. O xurado poderá declarar deserto o premio cando así o considere.
*O Centro Asociado da UNED de Lugo se reserva durante un ano, exento de retribución algunha a favor dos/os autores/as, o dereito en exclusiva de difundir por calquera medio o traballo premiado se así o considera pertinente. Así mesmo, tamén pasado ese prazo de tempo, o Centro poderá difundir por calquera medio, sempre co fin de contribuír á expansión cultural, os traballos sen obrigación de remuneración pecuniaria algunha aos seus autores/as.
**O Centro Asociado e o Xurado Calificador do concurso non manterán comunicación algunha cos/as participantes respecto das súas propostas, nin ofrecerán ningunha información que non sexa o propio fallo recolleito en Acta.
***O feito de concorrer ao concurso implica a total aceptación destas bases, cuxa interpretación se reserva ao Centro Asociado e ao Xurado Calificador.
Matrícula Ordinaria | |
---|---|
Precio | Gratuita |