EspañolEnglishEuskeraCatalà

Cursos y actividades

September, 26th 2021

XIV limpeza simultánea do Proxecto Ríos

  • Lugo

  • In-person

  • Cursos de centros

  • September, 26th 2021

In-person
September, 26th 2021

XIV limpeza simultánea do Proxecto Ríos

Print PDF

Unha ano máis e despois do éxito das xornadas de limpeza simultánea destes  anos pasados, estamos a preparar a XIV limpeza simultánea que será o domingo 26 de setembro de 2021.

Grazas á colaboración de 64 entidades, o pasado ano estimamos que se retiraron máis 16 Tn. de lixo de orixe diverso e participaron un total de 891 voluntarias/os de 49 concellos en toda Galicia.

O máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.

Este ano queremos contar coa vosa axuda para levar a cabo a XIV xornada de limpeza simultánea en ríos. Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos editará os materiais divulgativos para o desenvolvemento da actividade e outros materiais. En 2021 continuaremos coas indicacións protocolarias pertinentes relacionadas coa situación de pandemia.

Dates and places
September, 26th 2021
11:00 to 13:00 h.


In-person
This activity is developed in presence.
Enrollment
  Ordinary enrolment
FeeFree
Aimed at
Calquera persoa interesada en colaborar e concienciarse sobre a importancia de manter limpos os nosos ríos
Goals
Concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.
Methodology
Recollida de lixo na zona de río Miño próximo á UNED de Lugo

Para o día da limpeza lembrar que os materias precisos ou recomendables son:
-Luvas. Se o voluntariado pode traer luvas de fregar da casa, mellor, xa que as de vinilo ou látex rompen con facilidade e estamos xerando máis residuos. Recomendamos facelo, e así non se comparte material.
-Pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo).
-Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).
-Bolsas grandes ou sacos para recoller o lixo. Tamén se poden levar capachos/esportas para transportar o lixo e tamén estamos a reducir os residuos xenerados.
Algún deste material pódeselle pedir ao concello.
Para o desenvolvemento da xornada é preciso contar con algunhas medidas de seguridade elementais para non mancarse ao retirar o lixo.
Este ano continúan as medidas relacionadas coa situación de pandemia xenerada pola COVI-19:
-Recomendamos que os grupos de voluntarios/as non sexan de máis de 10 persoas.
-Respectar as distancias de seguridade de 1,5 metros sempre que sexa posible.
-Uso obrigatorio de máscara.
Outras medidas de seguridade poden ser:
-Non arriscar a integridade física por coller lixo en zonas perigosas ou pouco accesibles.
-Ao levantar pesos facelo sempre dobrando os xeonllos. Pedir axuda a outros/as compañeiros/as para recoller cousas pesadas.
-Se hai cristais, vidro, ferralla, ou outro material cortante retiralo con precaución se é posible.
-Aplicar o sentido común. Sempre se pode chamar ao concello para que retire o lixo máis problemático.
-Se no grupo van crianzas ter boa conta delas e que non fiquen soas.
-Non traballar de costas ao río sobre todo se estamos arrincando algo que está soterrado xa que podemos caer ao cauce.
-Ter coidado coas zonas de corrente forte e profundas.
Objetivos de Desarrollo Sostenible

Esta actividad impacta en los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible:

More
UNED Lugo
Tolda de Castela Nº4B
27169 Lugo Lugo
982.28.02.02 / info@lugo.uned.es
Images from the activity
Saltar al contenido
  • Facebook

  • Twitter

  • UNED