RECITAL POÉTICO-MUSICAL E NARRACIÓN ORAL EN LINGUA GALEGA CO GALLO DO 17 DE MAIO DE 2021, DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
O autor fala en primeira persoa: "Titulei o recital baixo o nome de UNI-VERSOS Á DISTANCIA, nun xogo obvio coa UNED pero que me serve para falar non só dos versos e os universos, senón tamén da distancia. Non me vou poñer tan transcendental ese día -farei que o pase ben a xente que vaia e que vos riades-, pero a distancia é unha magnitude que hoxe en día pérdese, ao igual cá cercanía ou a proximidade, as redes sociais eliminaron -case- esta noción de distancia, que penso é importante para a comunicación e a relación coas demais. Na medida en que se borra esta distancia, bórrase tamén o que preservamos de nós e non mostramos na relación cos demais. Aparentemente é máis doado comunicármonos, pero ao mesmo tempo a eliminación da distancia unicamente fai que nada do que portamos quede preservado, oculto, descoñecido... A repetición do igual onde só importamos nós e non importa ninguén máis...Deriva nunha certa frustración esta sobreexposición aos demais e ás redes, sen distancia, sen ritual, sen narrativa, so o eu proxectado nos demais.... E penso que fronte a isto, entre outras moitas cousas, a poesía, o humor, a literatura, a lingua, contribúe a recuperar o noso espazo e comunicármonos mellor, encontrármonos coas demáis".
Centro Asociado de Lugo
É IMPRESCINDIBLE que os alumnos que sigan a actividade por "STREAMING" indiquen o enderezo de correo electrónico á hora de realizar a matrícula.
Co obxectivo de garantizar la recepción dos datos de conexión que permiten seguir a actividade por streaming con anterioridade ó comenzo da actividade, é necesario que a matrícula se realice ó menos con 24 horas de antelación ó comenzo da actividad.
Aforo presencial reducido.
Ordinary enrollment | |
---|---|
Fee | Free |
Esta actividad impacta en los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible: