EspañolEnglishEuskeraCatalàGallego
  • Lugo

  • En liña ou presencial

  • Cursos de centros

  • do 19 de febrero ao 11 de junio do 2026

En liña ou presencial
do 19 de febrero ao 11 de junio do 2026

Lugopoética 2026

Imprimir PDF

Lugopoética 2026, continuadora da acción iniciada en 2024 e 2025, é un proxecto de Egeria en colaboración coa Uned-Lugo e a Xunta de Galicia, que se vai desenvolver en seis xoves do cuarto trimestre do presente ano.

Consistirá en conversas de 90 minutos de duración con poetas que comentarán e lerán anacos da súa obra. Os encontros xirarán arredor de parellas de poetas “Paso a dous” relacionados entre si por familia ou actividade que serán emitidos na canle de YouTube da UNED Lugo.

ACTIVIDADE EN GALEGO

Lugar e datas
Do 19 de febrero ao 11 de junio do 2026
De 18:30 a 20:00 h. (ó ás xxxh)

Lugar:

UNED Lugo 


En liña ou presencial
Puedes elegir la asistencia presencial ou asistencia en liña en directo ou diferida.
Programa
  • jueves, 19 de febrero
    • 18:30-20:00 h.
      • Diana Varela Puñal
      • Chelo Gayoso Díaz
      Presenta:
      José Carlos Ulloa García
    • miércoles, 18 de marzo
      • 18:30-20:00 h.
        • Sonia Arias López
        • Elena Pérez López
        Presenta:
        José Carlos Ulloa García
      • jueves, 23 de abril
        • 18:30-20:00 h.
          • Xosé Lois García
          • Ramón Rodríguez Porto
          Presenta:
          José Carlos Ulloa García
        • jueves, 14 de mayo
          • 18:30-20:00 h.
            • Martiño Maseda Lozano
            • Beatriz López Dourado
            Presenta:
            José Carlos Ulloa García
          • jueves, 28 de mayo
            • 18:30-20:00 h.
              • Eduardo Carreira López
              • Ánxela Gracián
              Presenta:
              José Carlos Ulloa García
            • jueves, 11 de junio
              • 18:30-20:00 h.
                • Ana Mar Fraga Rábade
                • Montse González Álvares
                Presenta:
                José Carlos Ulloa García
              Asistencia
              Esta actividad permite participar con asistencia presencial ou asistencia en liña en directo ou diferida, sen necesidade de acudir ao centro.
              Inscrición

              Actividade sen certifcado

                Ordinaria
              PrezoGratuíta
              Outras actividades do ciclo
              Esta actividade pertence ao ciclo Poesía, formado polas seguintes actividades:

              Ponentes
              Sonia Arias López
              Dende moi nova amosou a súa paixón pola lectura, principalmente pola poesía. Este pobo tan querido inflúe de maneira decisiva na súa forma particular de escribir, conseguindo que o seu estilo chegue ao lector limpo, sincero e inconfundible.
              Eduardo Carreira López
              Artista multidisciplinar, tén ás súas costas varias exposicións de cadros, tanto óleos como acrílicos, en diferentes lugares de Galicia e do resto de España. É membro do grupo creativo Os Nabos de Gracián, e colaborador do grupo cultural Nós.
              Ana Mar Fraga Rábade
              É licenciada en Filosofía e Historia, escritora, historiadora e investigadora da cultura celta, entre outras. Traballa para Fundación Ángel Argivot en Barcelona, como Investigadora das culturas antigas.
              Xosé Lois García
              Desenvolveu diversas tarefas na divulgación da cultura galega en Cataluña. É autor de diversas publicacións de historia, ensaio, teatro, literatura infantil e sobre a simboloxía románica na Ribeira Sacra. Tamén é crítico de arte e literatura, conferenciante e articulista en diversas publicacións de Galicia, España e Portugal.
              Chelo Gayoso Díaz
              Publicou dous libros de poesía, “Camino de estrellas” e “O laio das Pedras”, e acaba de saír á luz “ La Voz del Silencio”. Colaborou na revista da Irmandade da Sta. Marta de León. Participou en publicacións colectivas como “Mesturas”, “Manuel María”, ”Xistral” e en varias publicacións hispano-portuguesas.
              Montse González Álvarez, "Magadán"
              Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa pola USC, traballa como normalizadora lingüística no Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.
              Ánxela Gracián
              Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC, traballa dende hai trinta anos no Servizo de Tradución da Xunta de Galicia, onde revisa e traduce ao galego ou castelán todo tipo de textos.
              Beatriz López Dourado
              Profesora de educación secundaria. No eido literario, publicou “Intraguerras” (Urutau, 2022), e acadou algúns galardóns como o Certame de Poesía María Mariño, o Certame de Poesía Avelino Díaz, etc..
              Martiño Maseda Lozano
              A Chaira foi o manancial do que recibín os primeiros grolos dese líquido enigmático chamado vida; onde a papados lentos vou aprendendo a amar esta Matria do desacougo, aleitado pola foula da terra e o sorriso incipiente do orballo, que me contaxiaron a través da delicadeza sanguínea dos meus pais esta enxebreza inmaterial da  lingua que me constitúe
              Elena Pérez López
              Sen pretensións, intenta admirar o extraordinario do cotiá, espremer as cousas máis sinxelas e sintetizar esencias en palabras. Unha mestra, que, coma todas, é un pouco de todo.
              Ramón Rodríguez Porto
              Escritor e xornalista , traballou na banca comercial e na Adega Terras Bendaña. Traballou para RNE, Radio Noroeste, Radio Faro-Cadena Ser e GaliciaDigital. En televisión colaborou na comarcal Televinte. Colaborou desde a mocidade en El Progreso como correspondente. Colabora coa revista poética Xistral. Cofundador e directivo do colectivo Poetas da Ribeira Sacra.
              Diana Varela Puñal
              Nacida en Corme, trasladouse ós catorce anos á Coruña. Actualmente é a secretaria xeral da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega e forma parte da equipa de Medulia Editorial. Conta con diversos premios e publicacións desde o ano 2006.
              Presentación
              Xosé Carlos Ulloa García
              Profesor de Primaria e Secundaria na especialidade de Filoloxía. Mediador con menores no ámbito educativo. Profesional certificado en Persoas Altamente Sensibles. Autor de diversas publicacións individuais, participou en máis de 40 libros colectivos.
              Dirixido a
              A toda persoa interesada no tema
              Colaboradores

              Organiza

              EGERIA

              Colabora

              UNED LUGO
              Deputación de Lugo
              Xunta de Galicia
              Concello de Lugo
              Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

              Esta actividade incide nos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible:

              Máis información
              UNED Lugo
              Tolda de Castela 4B
              27169 Lugo Lugo
              982.28.02.02 / info@lugo.uned.es
              Imaxes da actividade