O día 1 de xaneiro deste ano 2026, sen un período de vacatio legis, entraron en vigor as modificacións da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, realizadas polo goberno autonómico a través da Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscales e administrativas, coñecida como Lei de acompañamento dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma. Estas modificacións xustifícanse na Exposición de motivos da Lei coa afirmación de que “o paso do tempo desde a aprobación da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, e a experiencia achegada pola súa aplicación práctica evidenciaron a necesidade dunha reforma para mellorar a xestión, axilizar os trámites e reforzar a implicación dos concellos na protección do patrimonio cultural.” Estes pretextos e o seu desenvolvemento foron obxecto, durante a tramitación do proxecto de Lei, dun Informe sobre o seu impacto no Patrimonio Cultural que elaborou o Consello da Cultura Galega. A súa chamada de atención, uníronse a alegación da Federación Galega de Municipios e Provincias, baseada na ausencia dunha consulta previa cos concellos, e a reacción da Plataforma Estatal de Profesionales de la Arqueología, que comunicou por escrito ao Ministerio de Cultura a súa preocupación ante o contido destas modificacións. A Administración autonómica xustifica esta reforma de 15 artigos da Lei 5/2016 aducindo que “se adapta á realidade, reduce os tempos de espera, logra unha protección máis eficaz e mellora a xestión”. Ante esta dicotomía, entendemos necesario desenvolver este encontro que permita, a través de cualificadas exposicións, coñecer e comprender os motivos desta nova redacción, reflexionar e debater sobre o alcance das mesmas, e de ser o caso, intentar achegar solucións e implementar as medidas que podan garantir, ante a xa vixente modificación, a protección e salvaguarda do rico e extenso Patrimonio Cultural de Galiza.
Concello de Mondariz Balneario / Ayuntamiento de Mondariz Balneario
Tenga en cuenta que con los datos aportados en su solicitud de matrícula se confeccionan los certificados, asegúrese que son correctos y están completos.
Nombre, con mayúscula la primera letra y minúsculas el resto.
Apellidos, ambos e igual que en el caso anterior, con mayúscula la primera letra y minúsculas el resto. Y en ambos casos con las tildes correspondientes.
NIF. número y letra (mayúscula) ej. 12345678H
Requiere inscripción
| Ordinary enrollment | |
|---|---|
| Presencial | Free |
| Asistencia online en directo | Free |
| Asistencia online en diferido | Free |
UNED Pontevedra Esta actividad impacta en los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible:

