EspañolEnglishEuskeraCatalàGallego
  • A Coruña

  • En liña ou presencial

  • Cursos de centros

  • 10 de febrero do 2026

En liña ou presencial
10 de febrero do 2026

MARTES DE LA UNED. A primeira coruñesa estaba morta

Imprimir PDF

Ter a sorte de que o teu nome atravese o tempo por séculos, e aínda milenios, adoita depender da transcendencia dos teus actos como home de estado ou pensador influínte. Entremedias cóase algunha muller que, dentro desa caste de homes poderosos, destacaron dalgunha maneira entre os «feitos asombrosos» dos antigos. Mais, ao carón desa Historia de manuais universitarios, está a dos homes que nunca destacaron e tamén a das mulleres que, nalgún tempo, nin sequera tiveron dereito a ter nome propio, sendo relegadas a un lugar aínda inferior ao dos seus compañeiros de vida.

Pois naquel tempo de mulleres ensombrecidas, silenciadas e negadas ata o extremo da anonimia, xorden as primeiras referencias escritas aos habitantes da actual cidade da Coruña, cando esa cidade con nome de muller aínda non se chamaba así, e cando ter algunha posibilidade de transcender pasaba por estar morta...

Lugar e datas
10 de febrero do 2026
De 19:00 a 20:30 h. (ó ás xxxh)
Espazos nos que se desenvolve. Salón de actos
Lugar:

A Coruña


Horas
Horas lectivas: 1.5
En liña ou presencial
Puedes elegir la asistencia presencial ou asistencia en liña en directo ou diferida.
Programa
  • martes, 10 de febrero
    • 19:00-20:30 h. A primeira coruñesa estaba morta
      • Rosa Brañas Abad Historiadora. Doutora en Xeografía e Historia. Profesora Titora da UNED A Coruña en materias de Arqueoloxía e Historia Antiga
Asistencia
Esta actividad permite participar con asistencia presencial ou asistencia en liña en directo ou diferida, sen necesidade de acudir ao centro.
Inscrición

A matrícula é gratuíta para todos os grupos en todas as modalidades. É necesaria a inscrición previa na actividade a través da plataforma en liña.
A actividade poderá ser seguida en forma presencial desde o Centro Asociado, en liña a través de emisión en directo ou mediante o visionado posterior da gravación en diferido

A conferencia impartirase en galego e incluirá transcrición na modalidade de diferido.

A matrícula para o seguimento en tódalas modalidades pecharase ás 18:00h do día de celebración da actividade.
As actividades con modalidade en liña están deseñadas para ser seguidas desde calquera dispositivo actualizado e cunha conexión a Internet que garanta unha velocidade e un ancho de banda adecuados. O acceso realizarase previa autenticación coas mesmas credenciais (usuario e contrasinal) que se utilicen ao formalizar a matrícula. É importante asegurarse de que no dispositivo desde o que se accede non estea iniciada sesión con datos de usuario e contrasinal diferentes aos facilitados durante o proceso de formalización de matrícula, debido a que, de ser así, non se poderá acceder correctamente á sesión da actividade.
As gravacións correspondentes ao seguimento en modalidade en liña diferido non estarán dispoñibles inmediatamente despois da emisión en directo, xa que requiren un proceso de validación e edición posterior. Polo xeral, estas gravacións estarán accesibles nun prazo mínimo de 24 horas desde a súa emisión.
Tanto a información de seguimento en directo como a relativa ao visionado en diferido estarán dispoñibles na web de Extensión Universitaria UNED, dentro do apartado de Documentos da sección O meu espazo (https://extension.uned.es/miespacio, accedendo co usuario e contrasinal cos que se formalizou a matrícula). Esta información será igualmente facilitada vía email antes do comezo da actividade. As persoas coa matrícula confirmada recibirán as LIGAZÓNS PARA AMBAS AS MODALIDADES DE SEGUIMENTO EN LIÑA (directo e diferido), independentemente da modalidade elixida na formalización da matrícula (presencial, en liña en directo ou en liña en diferido).

Para formalizar a inscrición ten á súa disposición as opcións recollidas na seguinte táboa, entre as que deberá seleccionar UNICAMENTE UNHA MODALIDADE:

  Ordinaria
Presencial Gratuíta
Online en directo Gratuíta
Online en diferido Gratuíta
Outras actividades do ciclo
Esta actividade pertence ao ciclo MARTES de la UNED 2026, formado polas seguintes actividades:

Coordinado por
Alejandra M. Rodríguez Fernández
Doutora en Informática. Coordinadora de Extensión Universitaria e Profesora titora do Centro UNED A Coruña
Relator
Rosa Brañas Abad
Historiadora. Doutora en Xeografía e Historia. Profesora Titora da UNED A Coruña en materias de Arqueoloxía e Historia Antiga
Dirixido a
Público en xeral
Titulación requerida

Non se require titulación específica nin formación previa

Obxectivos
  • Achegar unha visión crítica e divulgativa sobre as primeiras referencias históricas aos habitantes da Coruña, atendendo ao contexto social e cultural da Antigüidade.
  • Reflexionar sobre o papel das mulleres silenciadas na Historia, analizando os mecanismos de invisibilización e anonimato nas sociedades antigas.
Metodoloxía
A actividade consta de 1.5 horas expositivas e poderá seguirse de forma presencial no Centro UNED Coruña, así como en liña en directo (streaming) e en diferido desde calquera dispositivo con conexión a Internet, previa autenticación mediante as credenciais coas que se realizou a inscrición ou matrícula. A conferencia impartirase en galego e incluirá transcrición na modalidade de diferido.
Sistema de avaliación
Actividade de carácter meramente divulgativo, polo que non conleva asistencia obrigatoria nin actividades de avaliación. En consecuencia, non se emiten créditos ECTS nin certificados.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Esta actividade incide nos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible:

Máis información
UNED A Coruña
Educación, 3
15011 A Coruña (A Coruña)
981 14 50 51 / info@a-coruna.uned.es
Imaxes da actividade
Saltar al contenido
  • Facebook

  • Twitter

  • UNED