Ter a sorte de que o teu nome atravese o tempo por séculos, e aínda milenios, adoita depender da transcendencia dos teus actos como home de estado ou pensador influínte. Entremedias cóase algunha muller que, dentro desa caste de homes poderosos, destacaron dalgunha maneira entre os «feitos asombrosos» dos antigos. Mais, ao carón desa Historia de manuais universitarios, está a dos homes que nunca destacaron e tamén a das mulleres que, nalgún tempo, nin sequera tiveron dereito a ter nome propio, sendo relegadas a un lugar aínda inferior ao dos seus compañeiros de vida.
Pois naquel tempo de mulleres ensombrecidas, silenciadas e negadas ata o extremo da anonimia, xorden as primeiras referencias escritas aos habitantes da actual cidade da Coruña, cando esa cidade con nome de muller aínda non se chamaba así, e cando ter algunha posibilidade de transcender pasaba por estar morta...
A Coruña
A matrícula é gratuíta para todos os grupos en todas as modalidades. É necesaria a inscrición previa na actividade a través da plataforma en liña.
A actividade poderá ser seguida en forma presencial desde o Centro Asociado, en liña a través de emisión en directo ou mediante o visionado posterior da gravación en diferido.
A conferencia impartirase en galego e incluirá transcrición na modalidade de diferido.
A matrícula para o seguimento en tódalas modalidades pecharase ás 18:00h do día de celebración da actividade.
As actividades con modalidade en liña están deseñadas para ser seguidas desde calquera dispositivo actualizado e cunha conexión a Internet que garanta unha velocidade e un ancho de banda adecuados. O acceso realizarase previa autenticación coas mesmas credenciais (usuario e contrasinal) que se utilicen ao formalizar a matrícula. É importante asegurarse de que no dispositivo desde o que se accede non estea iniciada sesión con datos de usuario e contrasinal diferentes aos facilitados durante o proceso de formalización de matrícula, debido a que, de ser así, non se poderá acceder correctamente á sesión da actividade.
As gravacións correspondentes ao seguimento en modalidade en liña diferido non estarán dispoñibles inmediatamente despois da emisión en directo, xa que requiren un proceso de validación e edición posterior. Polo xeral, estas gravacións estarán accesibles nun prazo mínimo de 24 horas desde a súa emisión.
Tanto a información de seguimento en directo como a relativa ao visionado en diferido estarán dispoñibles na web de Extensión Universitaria UNED, dentro do apartado de Documentos da sección O meu espazo (https://extension.uned.es/miespacio, accedendo co usuario e contrasinal cos que se formalizou a matrícula). Esta información será igualmente facilitada vía email antes do comezo da actividade. As persoas coa matrícula confirmada recibirán as LIGAZÓNS PARA AMBAS AS MODALIDADES DE SEGUIMENTO EN LIÑA (directo e diferido), independentemente da modalidade elixida na formalización da matrícula (presencial, en liña en directo ou en liña en diferido).
Para formalizar a inscrición ten á súa disposición as opcións recollidas na seguinte táboa, entre as que deberá seleccionar UNICAMENTE UNHA MODALIDADE:
| Matrícula Ordinaria | |
|---|---|
| Presencial | Gratuita |
| Online en directo | Gratuita |
| Online en diferido | Gratuita |
Non se require titulación específica nin formación previa
Esta actividad impacta en los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible:


