O Seminario ten unha duración aproximada de 4 horas, estructuradas aproximadamente segundo o seguinte programa orientativo: Tempo aproximado Contido 15’ Presentación do Seminario e breve descrición de contidos 40’ O Emprendedor - Intervenciones 40’ A Idea - Intervenciones 15’ Descanso 55’ A Idea- que vender (maduración) e viabilidade do proxecto 30’ A Posta en Marcha 30’ Intervención do emprendedor local e coloquio
Aimed at
Deseñouse unha metodoloxía adaptada a un amplo abano de destinatarios; dende persoas con inquedanzas emprendedoras ata desempregados, traballadores en activo, técnicos de emprego e promoción económica ou estudantes que, próximos á súa incorporación ao mundo laboral, deben coñecer opcións alternativas ao traballo por conta allea.
Goals
O obxectivo xeral do seminario é a difusión de como se xeran as ideas empresariais e tratar de romper os mitos sobre a figura do emprendedor en xeral e da muller emprendedora en particular, sensibilizando o alumno de que calquera persoa con ganas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial
Trátase do mesmo modo, de fomentar o espírito emprendedor así como de mostrar o autoemprego como unha opción posible e desexable, tratando as súas vantaxes e inconvenientes
Por último, trátase de que os potenciais emprendedores interioricen as ferramentas necesarias para a maduración e valoración inicial dunha idea.
Máis concretamente, coa celebración do seminario o asistente: potencial emprendedor deberá ter adquirido o know-how que lle garanta a posterior xeración e maduración de ideas óptimas experimentando, ao tempo un incremento da súa motivación cara á
cultura emprendedora e adquirindo un coñecemento básico sobre a economía rexional que lle permita a xeración de ideas posterior con maior criterio.
Methodology
2.- Contido e metodoloxía
O contido da Xornada segméntase basicamente en tres partes:
As persoas emprendedoras:
Un primeiro bloque versará sobre a figura do emprendedor baixo a consideración de que supón a pedra angular de calquera proxecto empresarial
Formularase a causalidade do emprendimiento (por que hai persoas que deciden emprender) reflexionando en profundidade sobre a causalidade do non emprendimiento.
Así mesmo, desenvolverase a relación existente entre as características persoais do emprendedor, e o éxito na empresa, centrándonos na concepción da Pirámide do Éxito (habilidades, coñecementos, actitudes, etc).
As ideas de negocio:
No segundo bloque examinaremos as distintas fontes de ideas, centrándonos nos sectores de actividade e ideas de negocio emerxentes na nosa economía rexional nestes momentos.
Así mesmo, analizarase o concepto que queremos vender e cal será o perfil do noso cliente potencial para concluír que a viabilidade dun proxecto depende, en boa medida, da calidade e madureza da idea inicial.
Do mesmo modo, traballásese coas cinco interrogantes para a maduración da idea (que vou vender, a quen llo vou vender, como o vou vender, onde o vou vender e cando o vou vender)
Os proxectos e a súa posta en marcha:
Analizarase como levar a cabo a transformación da "idea en proxecto", a necesidade de desenvolver un plan de empresa rigoroso e os recursos humanos e materiais que son necesarios para poñer en marcha o proxecto.
Mostraranse unha serie de instrumentos e recursos que están dispoñibles para os emprendedores e que supoñen unha importante axuda para alcanzar o éxito nos seus proxectos de empresa.
Ao longo de todo o curso se expoñen casos reais de emprendedores que desenvolveron un proxecto empresarial en Galicia (extraídos do Banco de Proxectos Empresariais), no que se abordan aspectos como o historial do emprendedor, os recursos dos que dispoñía, a orixe da súa idea empresarial, as motivacións que lle levaron a desenvolver o seu proxecto, as dificultades que tivo que superar e as ameazas que se avistan no seu sector ou mercado, así como os factores aos que se pode atribuír o éxito da súa empresa.
Ademais, a entidade colaboradora (centro formativo solicitante do Seminario), aportará un emprendedor local que intervirá ao final do mesmo, expoñendo a súa experiencia persoal e introducindo un coloquio aberto cos asistentes.