Esta é a miña homenaxe a unha serie de mulleres ordinarias que fan cousas extraordinarias cada día. Decidín poñelas no foco de atención, porque as mulleres foron fundamentais no pasado, e son clave para o presente e o futuro.
A lista destas mulleres é diversa e infinita. Xente guapa dende Malala Yousafzai ata Jo Cox, entre moitas outras.
A súa resistencia frente a actitudes represoras é un exemplo de feminismo persistente e empoderado que non vemos a miúdo, pero que chegou para quedarse.
Son as historias da vida e da carreira destas mulleres, que queren traballar para contribuír á sociedade, e que fan frente a grandes desafíos co propósito de superalos.
Son mulleres que abren camiño para que máis mulleres se adiquen a profesións tradicionalmente dominadas polos homes. Mulleres pioneiras que rachan estereotipos de xénero e adoitan roles de liderado.
En ocasións, experimentaron reaccións negativas por parte dalgúns detractores. Pero por cada un deles, hai un milleiro de persoas que se aledan de ver cara a onde se dirixe o mundo para as mulleres.
En ningunha parte do planeta as mulleres teñen tantas oportunidades coma os homes. Actualmente, en todo o mundo hai 130 millóns de nenas que están fóra da escola. As mulleres están insuficientemente representadas nos parlamentos nacionais na maioría dos países, xa que tan só un 23% dos parlamentarios do mundo son mulleres.
A medida que a súa voz sexa escoitada, as mulleres estarán mellor posicionadas para buscar oportunidades de emprego que lles axuden a contribuír á economía. Por iso é tan importante darlles o apoio e a formación que merecen para que poidan acada-las súas metas.
Camino Casabella