Presencial
Gran actuación musical “A tenda dos horrores”
A Tenda dos Horrores é unha comedia musical baseada nunha película dos anos 60. A acción transcorre na década dos anos 50, en plena explosión e inicio do rock and roll e do son doo-wop, no barrio máis marxinal e miserable de Nova York, onde está situada a floraría Mushnik, cuxa propietaria é unha muller estranxeira. Alí, un dos seus empregados (Seymour) comeza a criar unha estraña e interesante planta que acaba de mercar. Entre el e a outra empregada (Audrey) convencen á dona para que expoña a planta no escaparate e, a partir dese momento, o éxito chega á floraría. A planta (Audrey II) faise famosa en todo o país e convértese nunha mina de ouro que fará que a miserable vida dos protagonistas vaia dando un xiro.
O único problema é que, paralelamente ao éxito, unha serie de estraños sucesos e misteriosas desaparicións comezan a producirse na contorna da tenda, a medida que a planta vai medrando.
Entrada libre ata completar aforo.
- Lugar y fechas
- 9 de mayo de 2026
20:00 h.
Espacios en los que se desarrolla: Salón de Actos
Lugar: UNED Pontevedra
- Presencial
- Esta actividad se desarrolla presencialmente.
- Programa
- sábado, 9 de mayo
- 20:00 h. Actuación do grupo musical máis terrorífico e divertido Teatro: Arco Iris coa función "A tenda dos horrores"
- Dirigido a
- Público en xeral.
- Entrada libre ata completar aforo.
- Objetivos
- Achegar o teatro musical en vivo ao público universitario e á cidadanía.
- Dar a coñecer o traballo artístico da Asociación de Teatro Arco Iris, poñendo en valor a súa traxectoria e o seu labor na promoción das artes escénicas.
- Fomentar a sensibilidade artística e cultural, destacando o teatro musical como forma de expresión que integra interpretación, música e posta en escena.
- Promover a programación cultural como un espazo de encontro.
- Reforzar o compromiso da UNED coa difusión da cultura, apoiando o teatro e a creación escénica.
- Metodología
- Presencial
- Colaboradores
Organiza
Asociación Veciñal Cultural e Músico Deportiva Ágora do Atlántico - Amigos de UNED Pontevedra Financia
Colabora
UNED Pontevedra
Asociación Grupo de Teatro Arco Iris - Objetivos de Desarrollo Sostenible
Esta actividad impacta en los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible:

- Más información
- Centro Asociado UNED Pontevedra
Rúa de Portugal 1
36162 Pontevedra Pontevedra
986851850 / negociadodealumnos@pontevedra.uned.es - Imágenes de la actividad

