EspañolEnglishEuskeraCatalàGallego
  • Pontevedra

  • Aurrez aurrekoa

  • Cursos de centros

  • 2026/4/22 - 2026/4/24

Aurrez aurrekoa
2026/4/22 - 2026/4/24

Em cada esquina um amigo / em cada rosto igualdade

PDFa inprimatu

Cantata comunal do Grándola VIla Morena. UNED-Senior & Agrupación "Mais Cantos"

A actividade consistirá nun acto musical participativo ao aire libre, no que se interpretará un repertorio de cantigas tradicionais e populares portuguesas, conducidas pola agrupación Mais Cantos baixo a dirección de Nelson Quinteiro

O lema central do acto fundaméntase no verso “Em cada esquina um amigo / em cada rosto igualdade”

Este fragmento resume os valores fundamentais da Revolución dos Cravos e serve como fío conductor do acto, orientando a proposta cara a tres dimensións fundamentais: memoria histórica, convivencia social e participación musical comunitaria

A cantata comunal de “Grândola, Vila Morena” propón unha experiencia colectiva na que música, memoria e comunidade conflúen nun mesmo espazo.

O verso “Em cada esquina um amigo / em cada rosto igualdade” convértese así nunha metáfora da cidade como lugar de encontro e fraternidade, onde a música serve como ponte entre xeracións, culturas e persoas.

ENFOQUE MUSICOTERAPÉUTICO: Música e comunidade.

A proposta incorpora explicitamente unha perspectiva inspirada nos principios da Musicoterapia, concretamente na corrente coñecida como musicoterapia social ou comunitaria.

Este enfoque entende a práctica musical colectiva como un instrumento de benestar social, cohesión comunitaria e participación cultural.

Entre os beneficios asociados ao canto colectivo destacan:

  • Estimulación da memoria e da atención
  • Reforzo da identidade colectiva
  • Promoción do sentimento de pertenza
  • Redución do illamento social
  • Mellora do benestar emocional
  • Fortalecemento das redes comunitarias

No contexto da UNED-Senior, esta actividade forma parte doutras propostas relacionadas coa musicoterapia. Como actividade en sí mesma contribúe ademais a promover a cidadanía activa, a participación cultural e a aprendizaxe permanente a través da música. A cantata comunal convértese así nun acto artístico, pedagóxico e social, no que o canto compartido funciona como ferramenta de encontro, expresión e coidado comunitario.

Lekua eta datak
2026/4/22 - 2026/4/24

Lekua: Auditorio da UNED-Pontevedra  Praza da Peregrina-Pontevedra
Aurrez aurrekoa
Jarduera hau aurrez aurre gauzatzen da.
Programa
  • 2026/4/22
    • 11:00 h. Auditorio da UNED Pontevedra
      Ensaio aberto ao público previo ao acto.
    • 2026/4/24
      • 19:45 h. Praza da Peregrina-Pontevedra
        A cantata comunal pretende converter o espazo público nun lugar de encontro simbólico, no que o canto colectivo reforza os vínculos sociais e promove unha experiencia cultural compartida.
        O acto culminará cunha interpretación comunal da canción “Grândola, Vila Morena”, na que participarán tanto as persoas intérpretes como o público asistente. 
        A interpretación final contará coa colaboración especial da Banda de Música Unión de Lantaño (Portas), que acompañará instrumentalmente o canto colectivo. 
        Como elemento simbólico vinculado á historia da Revolución dos Cravos, repartiranse 300 cravos vermellos entre o público asistente.
      Koordinatzailea
      Rafael Cotelo Pazos
      Coordinador de Extensión Universitaria y Actividades Culturales de la UNED en Pontevedra.
      Hizlari
      Nelson Quinteiro Roa
      Artista profesional. Gestor, dinamizador y promotor cultural. Musicoterapeuta social. Artista de Hospital. Doctor Sonrisa Senior en Fundación Theodora.  Licenciado en CC.PP. por la USC (2002), Master Musicoterapia por la UNIR (2024) y con títulos en Dinamización Cultural, Gestión de Industrias Culturales, Emprendimiento Empresarial o Gestión del Talento, entre otros.
      Hartzaileak
      Público en xeral
      Helburuak
      • Conmemorar o 25 de abril e o legado da Revolución dos Cravos.
      • Difundir o patrimonio musical portugués.
      • Promover a cultura musical participativa no espazo público.
      • Favorecer a cohesión social a través do canto colectivo.
      • Promover o benestar emocional mediante experiencias musicais compartidas.
      • Estimular a participación cultural activa.
      • Contribuír ao envellecemento activo e á integración comunitaria.
      Metodologia
      Presencial
      Laguntzaileak

      Laguntzaileak

      Xunta de Galicia Xunta de Galicia
      ENCE   Energía y Celulosa ENCE  Energía y Celulosa
      Banda de Música Unión de Lantaño Banda de Música Unión de Lantaño
      Agrupación vocal Mais Cantos Agrupación vocal Mais Cantos
      Garapen Jasangarriaren helburuak

      Jarduera honek honako Garapen Jasangarriko Helburu hauetan eragiten du:

      Argibide gehiago
      Centro Asociado UNED Pontevedra
      Rúa de Portugal 1
      36162 Pontevedra Pontevedra
      986851850 / negociadodealumnos@pontevedra.uned.es
      Jardueraren irudiak
      Saltar al contenido
      • Facebook

      • Twitter

      • UNED