Despois do éxito das xornadas de limpeza simultánea organizadas ao longo dos anos, este 2025 ADEGA Lugo, Coidemos Lugo e a UNED únense de novo para levar a cabo a XVIII Limpeza Simultánea de Ríos. Trátase dunha actividade de voluntariado ambiental que terá lugar o domingo 21 de setembro na zona do río Miño situada ao carón da UNED. Durante a xornada, dunha duración aproximada de 3 horas, limparemos os residuos atopados na zona contribuíndo á súa conservación.
Grazas á colaboración de 71 entidades, o pasado ano estimamos que se retiraron máis de 10 Tn. de lixo de orixe diverso e colaboraron máis de 1300 persoas. O máis importante é que, ano tras ano, conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.
O punto de encontro para a realización da actividade será na entrada da UNED de Lugo. O aparcadoiro do centro estará aberto para aquelas persoas que precisen deixar o seu coche.
Actividad sin certificado.
| Matrícula Ordinaria | |
|---|---|
| Precio | Gratuita |
ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza Esta actividad impacta en los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible:





