A Cooperativa Enerxética Renovables de Portas nace como unha iniciativa aberta e colaborativa para promover un modelo enerxético sostible, xusto e participativo no noso Concello. Este espazo está dirixido a todas as persoas que sexan titulares dun subministro eléctrico en PORTAS e que desexen formar parte activa dun proxecto común baseado no uso de enerxías renovables.
A través deste encontro, procuramos informar, resolver dúbidas e poñer en común as ideas e expectativas de cara á constitución desta cooperativa cidadá. Queremos construír, entre todas e todos, unha alternativa que nos permita aforrar, reducir a nosa pegada ecolóxica e contribuír á soberanía enerxética local.
PORTAS
REQUÍRESE INSCRICIÓN (Só titulares dun subministro eléctrico en PORTAS )
Matrícula Ordinaria | |
---|---|
Precio | Gratuita |
Esta actividad impacta en los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible: