Aurrez aurrekoa
Mulleres de Lugo. Paseo guiado
Con motivo do Día Internacional da Muller (8M), a UNED de Lugo organiza este percorrido cultural para visibilizar a contribución das mulleres á vida cultural e artística da cidade. A través deste paseo, conducido pola historiadora da arte Raquel Iglesias Rodríguez, coñeceremos a pegada de sete mulleres que deixaron unha fonda influencia na historia e na cultura de Lugo.
Punto de partida
O paseo comezará no Fogar de Santa María, sede do CENTRAD (Centro de Artesanía e Deseño de Lugo), ás 18:00 horas. Desde este espazo, dedicado á promoción da artesanía e do deseño, iniciaremos un percorrido para descubrir a conexión entre o pasado e o presente da cidade a través das súas creadoras.
Mulleres protagonistas da ruta
Durante o paseo, exploraremos a obra e a influencia de:
- Adela Figueroa, bióloga, escritora, profesora e activista medioambiental, cuxa obra une literatura e compromiso ecolóxico.
- Branca Villares, investigadora do patrimonio e da tradición oral. Imparte aulas de canto tradicional, pandeira, pandeiro e pandeireta en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia
- Carmen Granxeiro, escritor e directora de cine, cunha destacada traxectoria audiovisual, especialmente implicada en temas sociais.
- Julia Minguillón, pintora de gran relevancia no século XX.
- Marica Campo, recoñecida poeta e gañadora do Premio da Cultura Galega, cunha obra de forte compromiso social e feminista.
- Pomba Luxilde, dramaturga, directora, actriz e profesora.
- Tareixa Campo, actriz e directora de teatro, destacada pola súa labor teatral e a súa contribución á escena galega.
Mulleres que nos acompañarán no percorrido
Durante o paseo, contaremos coa compañía e participación de:
- Adela Figueroa
- Marica Campo
- Pomba Luxilde
- Tareixa Campo
Cada unha delas achegaranos de primeira man a súa visión, a súa traxectoria e a importancia da súa obra no contexto cultural galego.
Itinerario da ruta
O percorrido levaranos polos seguintes lugares emblemáticos da cidade de Lugo:
- Fogar de Santa María (CENTRAD) → Punto de partida e introdución á actividade.
- Barrio do Carme: Un dos espazos máis emblemáticos de Lugo, onde falaremos da súa evolución histórica e do seu vínculo co Miño.
- Porta Miñá: Unha das portas máis antigas da Muralla Romana, punto clave do Camiño Primitivo.
- Praza Maior: Centro neurálxico da cidade, onde destacaremos a súa arquitectura e importancia como espazo de encontro.
- Campo Castelo: Unha praza viva e dinámica, testemuña do desenvolvemento urbano de Lugo.
- O Vello Cárcere: Un espazo de memoria histórica e cultura, onde coñeceremos a súa transformación e función actual.
- Estación de Autobuses: Reflexo da evolución da cidade e punto estratéxico na mobilidade urbana.
- Escola Palimoco Teatro → Final do percorrido, onde Pomba Luxilde nos sorprenderá cunha intervención artística especial.
- Lekua eta datak
- 2025/3/6
18:00(e)tatik 20:00(e)tara.
Lekua: Paseo pola cidade de Lugo
- Aurrez aurrekoa
- Jarduera hau aurrez aurre gauzatzen da.
- Programa
- 2025/3/6
- 18:00-20:00 h. Paseo pola Cidade de Lugo conducido por Raquel Iglesias.
Acompañarannos Curra Figueroa, Marica e Tareixa Campo e remataremos na Escola de Teatro Palimoco, onde Pomba Luxilde ensinaranos parte da obra Cadeiras.- Raquel Iglesias Rodríguez
- Izen-ematea
- Zikloko beste jarduera batzuk
- Jarduera hau Mulleres UNED Lugo ziklokoa da, jarduera hauek osatua:
- Zuzendaria
- Ana Belén Traseira Pena
- Directora Centro Asociado UNED Lugo y Profesora - Tutora en UNED Lugo.
- Hizlari
- Raquel Iglesias Rodríguez
- Coordinadora de extensión Universitaria. Profesora Tutora UNED Lugo y Licenciada en Historia del Arte
- Hartzaileak
- A todas as persoas interesadas
- Helburuak
- Esta actividade busca poñer en valor o papel das mulleres na cultura lucense, visibilizando a súa contribución e ofrecendo unha nova mirada sobre a cidade a través das súas historias e do seu legado. A través deste percorrido, celebrado no marco do 8M - Día Internacional da Muller, recoñecemos a importancia das creadoras que, ao longo da historia, fixeron e seguen facendo de Lugo un espazo de cultura e arte.
- Metodologia
- Esta actividade combina unha aproximación teórica e práctica, favorecendo unha aprendizaxe dinámica e participativa:
- Percorrido guiado: A historiadora da arte Raquel Iglesias Rodríguez conducirá o grupo polas diferentes localizacións, proporcionando contexto histórico e cultural.
- Testemuñas en primeira persoa: Contaremos coa participación de Adela Figueroa Panisse, Marica Campo, Pomba Luxilde e Tareixa Campo, que compartirán a súa experiencia e visión sobre a súa traxectoria.
- Observación directa do patrimonio: As persoas participantes coñecerán os espazos relacionados coas protagonistas, enriquecendo a súa comprensión do legado cultural da cidade.
- Intervención artística: Ao final do percorrido, en Escola Palimoco Teatro, Pomba Luxilde ofrecerá unha actuación especial que conectará a arte coa temática da actividade.
- Espazo para a reflexión e o diálogo: Ao longo da ruta, abriranse momentos de interacción co público para compartir impresións e ampliar o coñecemento.
- Ebaluazio-sistema
- Non require avaliación
- Laguntzaileak
Antolatzen du
Laguntzaileak
- Garapen Jasangarriaren helburuak
Jarduera honek honako Garapen Jasangarriko Helburu hauetan eragiten du:

- Argibide gehiago
- UNED Lugo
Tolda de Castela 4B
27169 Lugo Lugo
982.28.02.02 / info@lugo.uned.es - Jardueraren irudiak

