A relevancia histórica da cestería como manufactura despréndese de publicacións que sinalan que esta “representa la existencia de los entramados vegetales como una de las adquisiciones más antiguas en el desarrollo de las habilidades humanas. Antropólogos y arqueólogos coinciden en que el uso y la elaboración de materias vegetales precedieron al invento de la alfarería y del tejido y en que éstos, según todos los indicios disponibles, son una derivación de aquéllos. A través de la cestería llega el hombre, por primera vez, a crear superficies estructurales coherentes, de las que existen modelos en la naturaleza.” (Kuoni,
Bignia (2003). Cestería tradicional ibérica. SERBAL). Tamén nos lembra Lola Tourón no seu artigo A cestería: a arte de tecer fibras vexetais (publicado no Boletín do Castro de Viladonga), “Antropólogos e arqueólogos coinciden en que o traballo da cestería precede ao da olaría e o tecido. Trátase, polo tanto, dunha das tecnoloxías máis antigas que nace da necesidade de transportar, conservar e protexer alimentos, líquidos e aveños básicos. Podemos dicir que a cestería é unha das máis íntimas expresións da adaptación do home ás súas necesidades”.
O territorio de Mondariz (do que até 1924, data da súa independencia, tamén formaba parte Mondariz-Balneario) ten sido tradicionalmente terra de cesteiros e entre os que exercían
este oficio artesanal, compatibilizado con outras tarefas, podemos mencionar a Xosé Reboreda Malvar, Francisco Campelo Alfaia e seu fillo Antonio Campelo Trigo, Constante e Emilio Alfaya, Casiano Faro Barros, Eugenio Lage Táboas ou Constantino Otero. Na súa publicación titulada Os cesteiros galegos de Mondariz e a súa fala gremial, Fermín Bouza Brey afirmaba que esta industria “tiña en Mondariz folgado asento e conciencia de oficio
non ocasional senón permanente, ben entorgado na reigaña popular hasta o ponto de ter unha xerga propia”, xerga que no ano 1922 o empresario Enrique Peinador Lines recolleu nunha publicación con título de Vocabulario dos cesteiros de Mondariz, “con 334 verbas e sin comentario algún”, que completou Bouza Brey e da que se fai eco X. L. Méndez Ferrín. No Museo do Pobo Galego exponse unha carta do cesteiro Constantino Faro Otero, de Cernadela (Mondariz) escrita na xerga dos bogardeiros e que nas datas da inauguración do MPG en 1977 dirixira ao Padroado. E en 2007 nun homenaxe ao escritor Xoán X. Pérez
Labaca, nado en Mondariz e autor da letra, soou por primeira vez a canción "Cesteiros de Mondariz". Lembrar por último o documental titulado “Notas sobre os cesteiros de Mondariz”, dirixido por Fon Cortizo e estreado en 2021 sobre a tradición cesteira de Mondariz que encarna Enrique Táboas, competiu na sección oficial do MICE 2022. Todas estas mencións visan facer constar a impronta desta arte neste concreto territorio.
A día de hoxe, unha das figuras máis relevantes deste oficio é Enrique Táboas, fillo e neto de cesteiros de Mondariz, que é o último descendente deste gremio local traballando con
láminas de madeira e que ainda mantén un taller aberto en Sanxenxo. Táboas ten participado en numerosas mostras e homenaxes a este histórico oficio, protagonizado reportaxes e documentais, e na última edición da Feria de Oficios Artesanos de Mondariz que organiza o CEAR Castromao, chamou a atención das persoas visitantes pola exquisitez da súa arte.
Enrique Táboas trasladounos o seu desexo de que este oficio tan fermoso continúe desenvolvéndose polas novas xeracións que veñan despois de el. E é con ese obxectivo que da man do mestre Táboas o Concello de Mondariz-Balneario organiza en colaboración con UNED Pontevedra esta primeira xornada divulgativa e introdutoria ao oficio de cesteiro (bogardeiro na súa xerga), convencidos da importancia e valor patrimonial deste
oficio artesano e tradicional que tanto ten significado nesta contorna do Condado, e coa ilusión e o desexo de que este encontro con Enrique Táboas desperte nas persoas asistentes o interese por aprender o seu arte e desenvolvelo na práctica do oficio para continuar o seu legado.
Enrique Táboas
Enrique Táboas naceu entre cestos, pois para entrar na habitación de seus pais había que atravesar o obrador. Ao deixar a escola, de xeito natural e indiscutido puxose ás cestas, nomeadamente patelas para peixe, que facían sen parar por encarga.
Toda a súa arbore xenealóxica que lembra aos Táboas de Mondariz adicáronse e souberon cestear nalgun intre. Porque en Mondariz ( e Mondariz-Balneario dende 1924) teñen unha fala propia gremial oculta, pois eran ambulantes que ian a facer mareas de meses a Verin, O Ribeiro ou Sanxenxo onde naceu xa Enrique.
Ainda sendo parte dun obradoiro profesional a el dende novo lle gustou arranxar os cestos vellos, ver onde se podían aproveitar, volvelos á vida. Coñece a madeira porque lle ensinou seu abó, e agora planta clons de árbores que selecciona cos enxeñeiros forestais.
Sabe facer o grande e o pequeno, o forte e o delicado, o puramente tradicional na man de quen o precisa e o enxeñoso vangardista . Adaptarse, cunha seria base de oficio. O Oficio dos Táboas.
Mondariz-Balneario
Tenga en cuenta que con los datos aportados en su solicitud de matrícula se confeccionan los certificados, asegúrese que son correctos y están completos.
Nombre, con mayúscula la primera letra y minúsculas el resto.
Apellidos, ambos e igual que en el caso anterior, con mayúscula la primera letra y minúsculas el resto. Y en ambos casos con las tildes correspondientes.
NIF. número y letra (mayúscula) ej. 12345678H
IMPORTANTE:
La devolución del importe de la matrícula se efectuará únicamente si se solicita con al menos 3 días hábiles de antelación al día de comienzo de la actividad, y siempre justificada por causas de enfermedad o incompatibilidad laboral sobrevenida, para la persona interesada deberá presentar la documentación que así lo acredite.
Una vez comenzado el curso no se realizarán devoluciones.
Se podrá anular un curso sí concurren condiciones excepcionales relacionadas con aspectos docentes o de infraestructura económica y material que impidan su correcta celebración. En tal caso, la persona interesada tendrá un plazo de 6 meses desde la fecha de cancelación, para solicitar la devolución del importe de la matrícula.
El alumnado de menor de edad, deberá acompañar la matricula de una autorización que puede descargar en el siguiente enlace: http://www.unedpontevedra.com/11192
Matrícula Ordinaria | |
---|---|
Asistencia Presencial | Gratuita |
Asistencia online en directo | Gratuita |
Asistencia online en diferido | Gratuita |
Esta actividad impacta en los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible: