EspañolEnglishEuskeraCatalà

Cursos y actividades

del 10 al 17 de marzo de 2021

FALADOIROS LITERARIOS FEMINISTAS

  • Pontevedra

  • Online

  • Cursos de centros

  • del 10 al 17 de marzo de 2021

Online
del 10 al 17 de marzo de 2021

FALADOIROS LITERARIOS FEMINISTAS

Imprimir PDF

• Dúas conversas sobre literatura, mulleres, igualdade, feminismo, memoria e violencias.

Lugar y fechas
Del 10 al 17 de marzo de 2021
De 19:00 a 20:30 h.

Lugar:

Centro Asociado da UNED en Pontevedra


Horas
Horas lectivas: 3
Online
Asistencia online en directo o en diferido, sin necesidad de ir al centro.
Programa
  • 10 de marzo contaremos con Luz Darriba e Iria Vázquez Silva que presentarán os seus libros "Abril" e "Cómplices. A violencia machista institucional". Modera a xornalista Ana López (Faro de Vigo)
  • 17 de marzo as convidadas serán Eva Mejuto e Elisabeth Oliveira que presentarán os seus libros "A lavandeira de San Simón" e "Libres e vivas". Modera a xornalista Sara Vila (Diario de Pontevedra)

Abril pon o foco na ditadura militar da Arxentina, que a autora nada no Uruguai viviu na súa mocidade, e as consecuencias sociais e individuais que supuxo para toda unha xeración. A artista plástica, que reside en Lugo desde 1990 e ten lazos familiares con Pontevedra, dá testemuña neste libro das vidas marcadas por aquela ditadura militar que decorreu entre 1976 e 1983, e que levou ao asasinato, á tortura, ao encarceramento e tamén á desaparición de 30.000 persoas, e practicou a apropiación sistemática de bebés e de menores. A pesar da súa dureza, Abril é unha novela chea de esperanza que “tece entre Galiza e o río da Prata, os fíos dunha manta que nos abeire e nos salve da barbarie dun pasado que esixe reparación e esperanza”, segundo reza a contracapa do libro. Luz Darriba formou parte de Foeminas, a primeira revista virtual feminista do país, entre 2005 e 2008, e en 2010 retomou a súa vocación literaria. Ademais de colaborar na sección de Opinión de Nós Diario, publicou Toda a xente errante, Xoguetes para nenos cegos e O que o vento non se levou. No ano 2012 foi merecedora do Premio Ánxel Fole de Narración Curta.

"Cómplices. A violencia machista institucional"
(Coord. Iria Vázquez Silva) Este traballo vén botar luz sobre un dos aspectos da(s) violencia(s) machista(s) menos estudado e tamén menos visíbel: a violencia que exerce o Estado a través das súas institucións sobre as mulleres que están en situación de violencia machista. Poucas publicacións coñecemos que aborden este tema de xeito directo. A autora explora varios eidos institucionais, cos que tivo contacto directo, e convida a outras autoras. Sheila Fernández Míguez (desde o eido xurídico), Olalla Villaronga Seoane (que achega unha perspectiva desde o eido rural), Lola Ferreiro Díaz (desde o ámbito sanitario) e Ana Martínez González e Fedra Alcaraz Ladrero (ambas as dúas traballadoras dunha asociación de parálise cerebral) a completar o panorama dunhas institucións que deberían acoller e defender as mulleres violentadas polo machismo. A través deste libro podemos aproximarnos ao labirinto polo que pasan as mulleres en situación de violencia, analizando as forzas de seguridade, o eido xudicial, os servizos sociais ou o eido sanitario. Iria Vázquez Silva é Doctora en Sociología por la UDC. Especialista en Estudios de Género por la UAB (2006) y por la UVigo (2008). Investigadora en el campo de la sociología de género y de las migraciones. Profesora interina de sociología en la UVigo. Integrante del Grupo de Estudios Territoriales de la UDC. Coordinó con Laura Rodríguez Salgado, el libro Muller inmigrante, lingua e sociedade (2017)

"A lavandeira de San Simón" Primeiro título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia. A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir. Eva Mejuto (Sanxenxo, Pontevedra, 1975) estudou Xornalisno na USC e traballou no sector editorial infantil, desde 1998 ata o 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. É docente no máster "Libro Ilustrado e Animación Audiovisual" da Universidade de Vigo e rematou a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados, traducidas a máis de dez idiomas. A novela "22 segundos" foi a súa primeira incursión na narrativa xuvenil (Xerais, 2017) que prosigueu con "Memoria do silencio" (2019)
 
"Libres e vivas" é un libro colectivo, unha antoloxía de relatos de dez autoras de primeiro nivel en Galicia que logrou reunir Galaxia no seu novo proxecto editorial. Todas elas reflexionan nas súas historias sobre cuestións relacionadas coa igualdade, o terrorismo machista, a violencia patriarcal ou o dereito das mulleres para vivir en liberdade e sen medos. Un destes relatos está asinado por unha autora pontevedresa: Elisabeth Oliveira que ata o de agora centrara a súa traxectoria na poesía. De feito, Náufragas no mar e na terra -o seu anterior poemario (publicado en 2019)-, xa abordaba a tematica do feminismo. O seu relato é o de Lara, unha muller cunha vida asentada "do máis banal e normal do mundo", segundo a súa creadora, que debe enfrontarse con recordos "que tiña escondidos e apagados" e que lle fan rememorar "violencias do pasado". Elisabeth Oliveira é profesora de francés no instituto Valle Inclán de Pontevedra e o seu traballo diario faille ver que aínda hai moitas rapazas que non identifican situacións de abuso ou de acoso e ven "normal" ou mesmo "desexable" que os seus noivos lles revisen o teléfono móbil "porque para elas é unha proba de amor", mentres que a eles "cústalles moito" darse conta de que os roles atribuídos a homes e mulleres "son nefastos e negativos".
Asistencia
Asistencia online en directo o en diferido, sin necesidad de ir al centro.
Inscripción

Require inscrición.

  Matrícula Ordinaria
PrecioGratuita
Presentaciones
Yoya Blanco Rial
Concelleira de Igualdade, Promoción Económica, Turismo e Universidade.
Víctor Manuel González Sánchez
Director del Centro Asociado de Pontevedra y del Campus Noroeste de la UNED.
Dirigido a
Público en xeral.
Objetivos
• Crear un espazo de diálogo e reflexión sobre a creación literaria dende unha perspectiva feminista
• Reflexionar sobre cuestións relacionadas coa igualdade e a múltiples violencias sufridas polas mulleres polo feito de selo.
• Visibilizar e poñer en valor a creación literaria feminina en diferentes xéneros: novela, ensaio, relato, literatura infantil e xuvenil, banda deseñada e ilustración…
• Dar a coñecer obras publicadas recentemente por escritoras vencelladas a Pontevedra
Metodología
En directo a través de Microsoft Teams. Os estudantes rexistrados reciben a información de acceso na dirección de correo electrónico que indicasen ao matricularse.
En diferido. Os estudantes reciben as gravacións de cada unha das sesións do curso no prazo máximo de tres días a partir da súa gravación.

Previo ao comezo da actividade terá as instrucións e a ligazón de conexión no meu ESPAZO: https:// extension. uned.es/ miespacio (opción 1: estudante UNED/UNED, opción 2: non estudante UNED/UNED).
Sistema de evaluación
Esta actividade é de carácter divulgativo, polo que non se emiten certificados pola súa asistencia.
Colaboradores

Organiza

Concelleria de Benestar Social Concelleria de Benestar Social

Colabora

Más información
Centro Asociado UNED Pontevedra
Rúa de Portugal 1
36162 Pontevedra Pontevedra
986851850 / negociadodealumnos@pontevedra.uned.es
Saltar al contenido
  • Facebook

  • Twitter

  • UNED