CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020. ENVIARASE ENLACE GRABADO PREVIA MATRÍCULA.
“Recentemente chegada a Galicia, alá polo ano 1991, a miña paixón pola literatura levoume a ler a oito poetas, escritores e dramaturgos en lingua galega que deixaron profunda pegada en min.
A profunda Rosalía de Castro. A elegancia sinxela de Manuel María. A comedia do teatro de Castelao. A lírica galaico-portuguesa de Alvaro Cunqueiro. A espiritualidade de Xosé María Díaz Castro. A poética social de Celso Emilio Ferreiro. A poesía espida e sen máscaras desgarrada pola dor de Lois Pereiro e por último a evocadora madurez autopoética de amor, soidade e nostalxia de Pilar Pallarés-.
Os meus primeiros amores poéticos. Os que marcarían a miña traxectoria literaria. Os meus oito alicerces da beleza dunha lingua e dunha terra que se quedou en min e eu nela.
Alma Selene -Amores Poéticos-
Centro Asociado de Lugo
PARA SEGUIR O ACTO CULTURAL É NECESARIO MATRICULARSE PREVIAMENTE.
Matrícula Ordinaria | |
---|---|
Asistencia presencial por Internet EN DIRECTO | Gratuita |
Asistencia presencial por Internet EN DIFERIDO | Gratuita |