Daranse a coñecer as claves dun libro no que se recolle a correspondencia recibida por Xosé Neira Vilas desde 1959 ata 1998. Trátase dun documento de excepción pola personalidade dos correspondentes e polo seu valor como testemuño dunha parte importante da historia da Galicia do século XX.
Tertulia presentación do libro "Cartas de Vellos Amigos.1959-1998". No libro aparecen máis de 40 correspondentes, entre eles, Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Otero Pedrayo, Luís Seoane, Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro e Carlos Velo, o que fai que, en conxunto, sexa un documento de gran valor para dar a coñecer a historia cultural de Galicia da segunda metade do século pasado.
Entrada libre ata completar aforo.
Prégase a inscripción previa no enderezo electrónico info@a-coruna.uned.es indicando nome, apelidos, enderezo electrónico e teléfono de contacto.
Matrícula Ordinaria | |
---|---|
Precio | Gratuita |